top of page

Desde 2006, Canta Compaña ofreceu numerosos concertos interpretando música medieval galega e da península ibérica. O seu espectáculo formou parte da programación da Feira Franca Medieval de Betanzos (A Coruña), da Festa da Arribada de Baiona (Pontevedra), das Jornadas Medievales de Briones (La Rioja), e da Feira do Románico de Negreira (A Coruña).

  En terras europeas, ofreceu a súa música en Polonia, Francia, Holanda, Inglaterra, Escocia e Italia; sendo Cracovia, Canterbury, Edimburgo ou Asís, algunhas das cidades que acolleron os concertos.

  A música das Cantigas e dos Códices foi ofrecida baixo as cúpulas das Catedrais de León, Astorga, Jaca (Huesca), Santa María de Vitoria-Gasteiz, Tui (Pontevedra) e Santiago de Compostela. Tamén con recitais en Mosteiros como Celanova (Ourense), “Septiembre Musical” de Santo Domingo de Silos (Burgos), A Magdalena (Sarria, Lugo), Meira (Lugo), Poio (Pontevedra) ou Santa Clara (Belorado, Burgos).

  Canta Compaña participou na gravación do CD “Solsticio” do grupo folk Luar Na Lubre, interpretando a suite

   "Na Frouseira-Maravillosos et piadosos", peza incluida na selección de temas do disco XXX Aniversario deste grupo.

     Canta Compaña ten editado o seu primeiro disco: "Entre Pedras".

bottom of page