top of page
C
 Historial  

Desde 2006, Canta Compaña ofreceu numerosos concertos interpretando música medieval galega e da península ibérica. O seu espectáculo formou parte da programación da Feira Franca Medieval de Betanzos (A Coruña), da Festa da Arribada de Baiona (Pontevedra), das Jornadas Medievales de Briones (La Rioja) e do Mercado Medieval de Covas, Ferrol (A Coruña).

  En terras europeas, ofreceu a súa música en Polonia, Francia, Holanda, Inglaterra e Escocia; sendo Cracovia, Canterbury ou Edimburgo, algunhas das cidades que acolleron os concertos.

  A música das Cantigas e dos Códices foi ofrecida baixo as cúpulas das Catedrais de León, Astorga, Jaca (Huesca), Santa María de Vitoria-Gasteiz, Tui (Pontevedra) e Santiago de Compostela. Tamén con recitais en Mosteiros como Celanova (Ourense), “Septiembre Musical” de Santo Domingo de Silos (Burgos), A Magdalena (Sarria, Lugo), Meira (Lugo), Poio (Pontevedra) ou Santa Clara (Belorado, Burgos).

  Canta Compaña participou na gravación do CD “Solsticio” do grupo folk Luar Na Lubre, interpretando a suite

   "Na Frouseira-Maravillosos et piadosos", peza incluida na selección de temas do disco XXX Aniversario deste grupo.

     Canta Compaña ten editado o seu primeiro disco: "Entre Pedras".

grabacion CD
Articulo_LaOpinion
Canta Compaña medieval
Radio-Huesca
articulo_LaVozGalicia
SanMartiño-Mondoñedo
Concierto en Wroclaw (Polonia)
Concierto Wroclaw (Polonia)
Diario_Alava_Canta-Compaña
Celanova
Periodico-Holanda
bottom of page