C

O noso Espectáculo

Música Medieval. Canta Compaña

A Idade Media foi unha época de grande esplendor en Gallaecia, cuxo idioma Galego era o utilizado polo Rei e a nobreza en todo o Reino, ao ser considerado até o século XV como o idioma máis cortesano e aristocrático, o máis apto para a poesía lírica.

O Rei de Castela, Afonso X "O Sabio", encargouse de organizar o cancioneiro de argumento mariano máis rico de Europa, escrito en galego-portugués: as Cantigas de Santa María. As Cantigas son unha parte importante do noso repertorio medieval.

Os Romances, interpretados por solistas e o coro, fálannos de vellas historias e lendas.

O Romance de Don Gaiferos relátanos as dramáticas desventuras dun romeu que consegue chegar á súa soñada Catedral Compostelá.

Música Medieval. Canta Compaña

O Códice Calixtino, manuscrito iluminado do século XII, consérvase na Catedral de Santiago de Compostela. Himnos como Dum Pater Familias ou Congaudeant Catholici atópanse entre as súas páxinas.

Outro Códice, o Llivre Vermell é un manuscrito medieval que se conserva no Mosteiro de Montserrat. Del interpretamos

fermosísimas obras como Stella Splendes, Cuncti Simus ou Mariam Matrem...

CÓDICE CALIXTINO e LLIVRE VERMELL
Música Medieval. Canta Compaña

O

O Romance de Bernaldino e Sabeliña lembra unha historia de amores imposibles en reinos esquecidos, con traizóns e ligazóns eternas...

Música Medieval. Canta Compaña

a mitoloxía galega tamén está moi presente no noso repertorio, con melodías como Lavandeira:

A lenda dos espíritos de mulleres que deben lavar as súas sabas eternamente, convidando a lavar con elas a quen as atopa...

X

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now