C
 Cerimonias 

Melodías cantadas por solistas, pezas a coro e acompañamento de instrumentos como a zanfona.

O repertorio abarca diferentes estilos: música sacra, melodías tradicionais, romances vellos, cantigas, etc. Vodas civís e relixiosas celebradas en Pazos, igrexas, castelos… Os nosos traxes medievais e capas recrean

a atmosfera necesaria para un acontecemento ambientado no medievo.

Vodas Medievais
Misas Medievais
Vodas Medievais

A nosa comitiva coral participa en Misas medievais, actos que forman parte dalgunhas feiras e celebracións medievais. Canto gregoriano, melodías do medievo, Renacemento... As nosas voces interpretan o repertorio sacro adaptado á época, con solistas, dúos e formación coral.

Misas Medievais

Conmemoracións de acontecementos, celebracións de eventos históricos, festivais medievais e renacentistas...

Canta Compaña achegou a súa música e escenificación a recreacións como a Festa da Arribada, que conmemora a chegada da calabera de M. Alonso Pinzón a Baiona (Pontevedra), tras o descubrimento de América. En dúas ocasións, Canta Compaña participou nas Xornadas Medievais de Briones (La Rioja), que celebra o Tratado de paz asinado na vila, entre os Reis de Castela e de Navarra.

Recreacións
Misas Medievais
This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now